jueves, 4 de julio de 2013

PROXECTO


JUSTIFICACIÓN  PROYECTO DIRECCIÓN Y COORDINACION DE ACTIVIDADES DE TIEMPO LIBRE INFANTIL Y  JUVENIL

PROXECTO: ACTIVIDADES CULTURALES CONCELLO DA CORUÑA




 O noso proxecto  vai dirixido ó colectivo da  infancia, intentando que desde pequenos/as se integren na sociedade,  aprendan a convivir, e teñan igualdade de oportunidades. A súa  importancia radica  na creación dun espazo cultural activo no que os nenos e nenas teñan a  oportunidade de  relacionarse entre eles , de aprender e desenvolverse en diferentes ámbitos, e de construir  coñecementos propios, compartindo uns  cós outros a través da propia participación.

A nosa aportación vai cara á realización da  idea de que   o tempo libre na  infancia sexa  educativo,  e fomente  neles a  interacción,  o desenvolvemento das  habilidades sociais e a participación, todo  co fin de facilitar a integración  destes nenos e nenas na sociedade, democratizandoa para favorecer a igualdad de oportunidades, todo co fin de lograr la inclusion e integracion social. 

Tamén queremos desde o noso proxecto fomentar a mellora da autestima do alumnado .Pois, as nosas accións van dirixidas a mellorar o desenvolvemento dos nenos/as  a través das actividades que realizaremos, para que dende as mesmas se alcancen  obxetivos  que fomenten  a participación cidadá. Pretendemos mellorar a calidade  e a difusión da arte para contribuír a  universalización da nosa cultura. Polo que a través deste  proxecto pretendemos rescatar a esencia e identidade  de Galicia, a través das actividades que se realizarán nos talleres, tanto pintura, escultura, danza, baile…etc, todo co fin de recuperar o noso patrimonio provincial: tradicional, histórico, musical, folklore, linguístico…, para que os nosos/as nenos/as poidan desenvolver  a súa creatividade artística adquirindo coñecementos da nosa terra.

Outra das finalidades  do noso proxecto é acercar á cidadanía a nosa cultura a través das actividades que realicen os/as nosos/as nenos/as para recuperar aquelas tradicións que están obsoletas e procurar non perder as que coñecemos.

 

http://i1.ytimg.com/vi/p9G_9GwVPQg/hqdefault.jpg

 

 

DESTINADO A INFANCIA


INTEGRACIÓN NA SOCIEDADE

IGUALDAD DE OPORTUNIDADES

CREATIVIDADE ARTÍSTICA

RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO PROVINCIAL

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario